Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2026
O conselleiro de Medio Ambiente e Cambio Climático, Nicolás Vázquez Iglesias, mantivo hoxe unha reunión co alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, na que abordaron cuestións de interese municipal en materia de augas.
En concreto, o rexedor referiuse ao estudo municipal realizado co fin de mellorar o sistema de saneamento en pequenos núcleos do concello, un proxecto que xa remitiu a Augas de Galicia para supervisión técnica.
Aínda que as competencias en materia de saneamento, depuración e abastecemento de augas son municipais, a Xunta, a través da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, presta apoio técnico e económico aos concellos, especialmente os máis pequenos, para que poidan exercelas de xeito eficiente e presten servizos de calidade.