Consellería de Infraestruturas e Movilidade

CMATI

|
|
|
Compartir

Presentación

  • A Conselleira Ethel Vázquez Mourelle

Ao longo da historia de Galicia, a auga sempre xogou un papel protagonista. A nosa sociedade identifícase de xeito incontestable aos nosos ríos e rías. Mesmo o noso propio modelo de asentamento territorial é consecuencia das características climatolóxicas de Galicia que facilitaban o acceso á auga practicamente en calquera punto da nosa xeografía. Climatoloxía e auga que nos identifican facéndonos únicos. Así, a nosa cultura e economía xiran en torno ao noso recurso máis importante, cuxo coidado debe ser unha das nosas políticas máis prioritarias. 

O certo é que a nosa percepción sobre a auga ten mudado en gran medida nos últimos tempos. Agora somos máis conscientes da necesidade de manter o bo estado ecolóxico dos nosos ríos e as nosas costas, xa que a sostibilidade destes sistemas acuáticos é fundamental para ser soporte da vida, e tamén da actividade económica e produtiva. A importancia da auga para a vida dos galegos e galegas esixe do Goberno da Xunta unha boa xestión deste recurso, un reto constante en cuxas políticas resulta imprescindible a participación dunha cidadanía consciente e responsable. Con este fin, cómpre que estea dispoñible de modo accesible toda a información necesaria para exercer esta participación activa.

Este é sen dúbida o obxectivo principal desta nova ferramenta que teño o gusto de presentarlle. Agardo que este espazo facilite a súa relación coa Administración Hidráulica de Galicia, e lle sexa de utilidade para acceder a calquera información que precise. A Xunta de Galicia, tamén en materia de augas, quere estar próxima a vostede e ao seu servizo a través da rede.