CMATI

|
|
|
Compartir

A Xunta declara en situación de seca prolongada os sistemas do Ulla-Tambre e da Costa Norte ante a evolución á baixa dos indicadores e as predicións meteorolóxicas

Un total de 74 concellos están afectados por este escenario, que non implica por si mesmo restricións nos usos pero permite, cando proceda, adaptar o réxime de caudais ecolóxicos ás condicións actuais

Mantense tamén a alerta nas cuncas do Lérez e do Anllóns, ademais de medidas equivalentes no subsistema de Baiona, e pasan ao escenario de prealerta outras catro zonas: río Verdugo, ría de Vigo e ría de Baiona; costa de Pontevedra; río Umia e ría de Arousa marxe esquerda e río Mero, Arteixo e ría da Coruña

Neste momento, un total de 127 concellos están parcial ou completamente incluídos nas unidades afectadas pola escaseza conxuntural de auga: 32 en alerta ou con medidas equivalentes e outros 95 en prealerta

O resto da demarcación hidrográfica continúa en situación de normalidade, cunha ocupación dos encoros de abastecemento do 52,3%, case 14 puntos menos que o ano pasado nestas datas

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2026

A Xunta de Galicia declarou en situación de seca prolongada os sistemas dos ríos Ulla-Tambre e no da Costa Norte (que abrangue as comarcas de Ortegal e parte da Mariña lucense) ante a constatación dunha redución drástica das precipitacións e dos recursos hídricos naturais en ambas zonas e tendo en conta tamén as previsións meteorolóxicas.

Ademais, mantén a situación de alerta por escaseza de auga nos sistemas do río Lérez, en Pontevedra, e do río Anllóns e Costa da Coruña ata o límite con Arteixo, así como medidas equivalentes, sen chegar a declarala, no subsistema de Baiona. En vista da evolución máis recente dos indicadores do protocolo da seca, tamén acordou declarar a prealerta en catro novas novas unidades territoriais: río Verdugo, ría de Vigo e ría de Baiona; costa de Ponteveda; río Umia e ría de Arousa marxe esquerda, e río Mero, Arteixo e ría da Coruña. Estas zonas súmanse ás cinco que xa estaban nesta fase: río Tambre e ría de Muros e Noia; río Grande, en Camariñas; río Mandeo e ría de Betanzos; río Landro e río Ouro, e Ferrol.

Así o acordou esta mañá a Oficina Técnica da Seca, que estivo presidida polo director de Augas de Galicia, Roi Fernández, e á que asistiron tamén o xerente do organismo hidráulico, entre outros cargos, así como representantes de Protección Civil, de MeteoGalicia e das Consellerías de Sanidade e do Medio Rural.

A principal novidade das medidas adoptadas hoxe é a activación da fase de seca prolongada no sistema do Ulla-Tambre e no da Costa Norte, que abranguen un total de 74 concellos da Coruña e Lugo:

 

UTE Ulla-Tambre

 

Ames, Arzúa, A Baña, Boimorto, Boiro, Boqueixón, Brión, Cerceda, Coristanco, Dodro, Frades, Lousame, Melide, Mesía, Muros, Negreira, Noia, Ordes, Oroso, Outes, Padrón, O Pino, A Pobra do Caramiñal, O Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Rois, Santiago de Compostela, Santiso, Sobrado, Teo, Toques, Tordoia, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vedra, Vilasantar, Antas de Ulla, Monterroso, Palas de Rei, Portomarín, Catoira, Dozón, A Estrada, Agolada, Lalín, Pontecesures, Rodeiro, Silleda, Valga e Vila de Cruces.

 

 

UTE Costa-Norte

 

Cedeira, Cerdido, Mañón, Ortigueira, As Pontes de García Rodríguez, As Somozas, Cariño, Abadín, Alfoz do Castrodouro, Barreiros, Cervo, Foz, Xove, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ourol, Ribadeo, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Burela.

 

Cómpre aclarar, en todo caso, que o feito de que unha parte da demarcación hidrográfica entre oficialmente en seca prolongada non implica por si mesma restricións nos usos e consumos de auga nestes municipios, pero si permite adaptar –cando proceda e coas garantías ambientais establecidas– o réxime de caudais ecolóxicos ás condicións e circunstancias excepcionais actuais.

As limitacións e posibles medidas de aforro sobre os abastecementos municipais, de feito, seguirán dependendo da fase de escaseza en que se atope cada sistema (é dicir, prealerta ou alerta) e non da propia declaración de seca prolongada, concibida para constatar unha redución anormal das precipitacións e dos recursos naturais sostida no tempo.

Desde a aprobación do Plan especial da seca de Galicia-Costa en 2022, recorreuse xa a esta medida excepcional en xullo dese mesmo ano, cando a declaración afectou ao conxunto da demarcación de Galicia-Costa e se mantivo durante todo o ano hidrolóxico, e en agosto de 2023, limitada neste caso á unidade territorial da Costa Norte.

Implicacións nos concellos afectados

Un total de 127 concellos están parcial ou completamente incluídos nas unidades afectadas pola escaseza conxuntural de auga: 32 en alerta ou con medidas equivalentes e outros 95 en prealerta. Neste último caso, con todo, a incidencia na práctica é desigual, xa que nalgúns concellos só unha parte reducida do territorio pertence á unidade afectada e o sistema principal de abastecemento capta a auga noutra bacía.

No resto de Galicia-Costa mantense a normalidade e segundo os últimos datos de ocupación dispoñibles, os encoros de abastecemento sitúanse no 52,34% da súa capacidade, case 13 puntos menos que por estas mesmas datas en 2025.

O nivel de alerta é o segundo máis alto dos establecidos no Plan da seca de Galicia-Costa  e, a efectos prácticos, supón adoptar medidas para conservar os recursos hidráulicos existentes. Por exemplo, de ser necesario, a prohibición de usos prescindibles como o baldeo de rúas, o enchido de piscinas ou a rega de xardíns. Así mesmo, en caso de ser preciso, aplicaríanse cortes de auga puntuais.

En concreto, os 32 concellos afectados son Beariz, Barro, Bueu, O Campo Lameiro, Cangas de Morrazo, Cerdedo Cotobade, A Estrada, Forcarei, A Lama, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Moraña, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra, Sanxenxo, Silleda e Vilaboa, da UTE río Lérez; Arteixo, Cabana de Bergantiños, Carballo, Cerceda, Coristanco, Culleredo, A Laracha, Malpica de Bergantiños, Ponteceso, Tordoia e Zas, do río Anllóns; e Baiona.

Así mesmo, o escenario de prealerta implica un seguimento intensivo da situación meteorolóxica e dos niveis de ríos e encoros nos sistemas afectados, así como das posibles incidencias. Ademais, prevense medidas de concienciación dirixidas á cidadanía para facer un uso responsable da auga e recomenda aos concellos minimizar os gastos públicos non esenciais. De feito, neste escenario solicitouse aos municipios que comunicaran a Augas de Galicia os seus datos diarios de caudais de consumo.

Os 95 concellos incluídos territorialmente nas UTE en prealerta e non contados xa nas zonas en alerta, para evitar duplicidades, son:

 

UTE río Tambre e ría de Muros

 

 

 

Abegondo, Ames, Arzúa, A Baña, Boimorto, Boiro, Boqueixón, Brión, Carnota, Carral, Curtis, Frades, Lousame, Mazaricos, Melide, Mesía, Muros, Negreira, Noia, Ordes, Oroso, Outes, Oza Cesuras, O Pino, A Pobra do Caramiñal, O Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Rois, Santa Comba, Santiago de Compostela, Sobrado, Toques, Trazo, Val do Dubra e Vilasantar.

 

 

UTE río Mandeo

e ría de Betanzos

 

 

Camariñas, Laxe, Muxía e Vimianzo, da UTE río Grande; Aranga, Bergondo, Betanzos, Coirós, Irixoa, Miño, Monfero, Oleiros, Paderne, Sada, Vilarmaior, Friol e Guitiriz.

 

 

UTE río Landro

e río Ouro

 

 

Alfoz de Castrodouro, Foz, Muras, Ourol, O Valadouro e Viveiro.

 

UTE Ferrol (río Mera, ría de Ortigueira e ría de Cedeira)

 

 

Ares, Cabanas, A Capela, As Pontes de García Rodríguez, Cerdido, Fene, Ferrol, Mugardos, Narón, Valdoviño, Moeche, Neda, San Sadurniño e As Somozas.

 

 

UTE río Verdugo,

ría de Vigo e ría de Baiona

 

 

Fornelos de Montes, Gondomar, Mondariz, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, Redondela, Soutomaior e Vigo.

 

UTE costa

de Pontevedra

 

 

A Guarda e O Rosal.

 

UTE río Umia e ría de Arousa marxe esquerda

 

 

A Illa de Arousa, Caldas de Reis, Cambados, Cuntis, O Grove, Portas, Ribadumia, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

 

UTE río Mero,

Arteixo e

ría da Coruña

 

 

A Coruña e Cambre.