CMAOT

CMATI

|
|
|
Compartir

A Xunta mantén o seu compromiso coa obra de reforzo do abastecemento desde o río Verdugo e continuará a súa tramitación por vía ordinaria

O director de Augas de Galicia traslada esta decisión aos alcaldes de Ponte Caldelas e Soutomaior e ao concelleiro de Medio Ambiente do Concello de Vigo, na que lles indicou que na actualidade non se dan os requisitos legais para tramitala pola vía de emerxencia

Rodríguez Martínez reitera a necesidade de acordan unha postura común e acadar o consenso entre as administracións locais, para levar adiante unha actuación que pode ser necesaria en situacións de seca hidrolóxica
 

  • Roberto Rodríguez na reunión desta mañá
  • Roberto Rodríguez na reunión desta mañá
  • Roberto Rodríguez na reunión desta mañá

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2018.- A Xunta de Galicia mantén o seu compromiso coa obra de reforzo de abastecemento á comarca de Vigo desde o río Verdugo, polo que continuará coa tramitación necesaria para poder asinar o convenio de colaboración que permita a execución da obra de reforzo de abastecemento á comarca de Vigo por vía ordinaria.

O director de Augas de Galicia; Roberto Rodríguez Martínez, trasladou esta mañá esta decisión aos alcaldes de Ponte Caldelas e Soutomaior e ao concelleiro de Medio Ambiente do Concello de Vigo, aos que convocou a unha reunión despois de que o pasado xoves, 4 de xaneiro, Augas de Galicia recibira o acordo da Xunta de Goberno local, por parte do Concello de Vigo, e cuxo borrador foi remitido pola Xunta para aprobación pola Administración local a principios de decembro.

Roberto Rodríguez Martínez aclaroulles que os sistemas de abastecemento 1 e 2 xa non están en situación de alerta e non se dan os requisitos legais para tramitar dita actuación por la vía de emerxencia.

Non obstante, o director de Augas de Galicia reiterou o compromiso con esta actuación xa que pode ser unha obra necesaria de cara a un futuro episodio por seca como o rexistrado en Vigo, e apelou unha vez máis á necesidade de establecer un consenso entorno á execución dunha nova captación e condución de auga desde o río Verdugo, que ten por obxectivo último o reforzo do sistema de abastecemento aos concellos de Vigo, Redondela, Soutomaior, Porriño, Mos, Salceda de Caselas, Moaña, Cangas, Nigrán, Baiona e Ponte Caldelas.

Roberto Rodríguez trasladoulles que a tramitación por vía ordinaria será unha oportunidade para facilitar a participación de todos os interesados e levar adiante co maior dos consenso esta obra de reforzo do abastecemento a Vigo e a súa área, desde o río Verdugo, deixando de lado o conflito político e social.

Apela ao entendemento e á colaboración entre os concellos que se abastecen do sistema de Vigo para avanzar no reforzo do sistema de abastecemento da comarca e acorden unha postura nesta materia e invitou aos alcaldes de Soutomaior e Ponte Caldelas a facer un esforzo e flexibilizar a súa negativa respecto desta actuación.