Consellería de Infraestruturas e Movilidade

CMATI

|
|
|
Compartir

A Xunta realiza actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos de tres ríos no concello de Carnota

Estes traballos desenvólvense nos ríos Rateira, Pedrafigueira e Nóutigos, ao seu paso por distintos lugares das parroquias de San Mamede e de Santa Comba

Os treitos obxecto das intervencións suman unha lonxitude de preto de 35 km

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2021.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos de tres ríos no concello de Carnota

Estes traballos desenvólvense nos ríos Rateira, Pedrafigueira e Nóutigos, ao seu paso por distintos lugares das parroquias de San Mamede e de Santa Comba.

Os treitos obxecto das intervencións suman unha lonxitude de preto de 35 km, e as tarefas céntranse na retirada de árbores e pólas caídas na canle para evitar atoamentos. Unha vez finalizadas estas actuacións, os ríos quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial Galicia-centro e nas súas zonas de acceso e protección.

Estas intervencións do departamento que preside Ethel Vázquez contribuirán á mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais dos ecosistemas que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna dos ríos.