Consellería de Infraestruturas e Movilidade

CMATI

|
|
|
Compartir

A Xunta remata as obras da 1ª fase de ampliación da rede de abastecemento de auga no Concello de Mesía, cun investimento autonómico de máis de 576.000 euros

Augas de Galicia entregoulle hoxe ao Concello as novas infraestruturas

Con esta actuación dótase do servizo de abastecemento de auga á zona oeste do municipio e ás parroquias de San Cristovo, Visantoña e Olas

Executouse unha rede de subministro de auga cun ramal principal e varios secundarios

Esta intervención permitirá dar servizo a un total de 1.224 habitantes para o ano horizonte 2042

O departamento que dirixe Ethel Vázquez proporciona o seu apoio técnico e financeiro aos municipios para que poidan prestar de xeito eficaz os servizos de saneamento e abastecemento, que son de competencia das entidades locais

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2021.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, rematou as obras da primeira fase de ampliación da rede de distribución de auga no concello de Mesía. A titularidade das novas infraestruturas acaba de ser entregada hoxe ao Concello.

Con esta actuación, que supuxo un investimento autonómico de máis de 576.000 euros, dótase de abastecemento á zona oeste do concello, chegando nesta primeira fase á parroquia de San Cristovo, así como a unha parte das parroquias de Visantoña e Olas. Na actualidade a parte leste do concello xa dispón de abastecemento.

Os traballos centráronse na construción dunha rede de subministro a través da execución do novo ramal principal, desde o anel existente que se dirixe ata Visantoña ata a estrada AC-223. De aí parte a canalización principal e varios ramais.

Esta intervención, que financiou e executou a Xunta, ten como obxectivo completar a rede de abastecemento de auga no municipio.

A actuación permitirá dar servizo a un total de 1.224 habitantes equivalentes para o ano horizonte 2042.

O departamento que preside Ethel Vázquez mantén o seu apoio técnico e financeiro aos municipios para que estes poidan prestar de xeito eficaz os servizos de saneamento e abastecemento, que son de competencia local.