Consellería de Infraestruturas e Movilidade

CMATI

|
|
|
Compartir

A Xunta adxudica as obras de mellora da rede de abastecemento no núcleo de Guimarás, no Concello de Esgos

Os traballos foron adxudicados por un importe de 48.000 euros e terán un prazo de execución de 3 meses

As obras prevén a execución dunha nova rede mediante a instalación de tubaxe e a colocación de elementos como válvulas, pozos e ventosas

A Xunta presta apoio técnico e financeiro aos concellos para que desenvolvan de xeito eficiente as súas competencias de saneamento e abastecemento
 

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2021.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de adxudicar as obras de mellora da rede de abastecemento no núcleo Guimarás, no concello de Esgos.

Os traballos foron adxudicados á empresa Cíes Atlántico, S.L.U. por un importe de 48.000 euros.

As actuacións disporán dun prazo de execución de tres meses.

As obras previstas prevén a execución dunha nova rede mediante a instalación de tubaxe, así como a colocación de elementos da rede necesarios, tales como válvulas, pozos e ventosas.

A Xunta continúa prestando o seu apoio técnico e financeiro aos concellos para axudalos a desenvolver de xeito eficiente as súas competencias de saneamento e abastecemento