Consellería de Infraestruturas e Movilidade

CMATI

|
|
|
Compartir

A Xunta publica no DOG o modelo de solicitude para a exención do canon da auga e coeficiente de vertido aos establecementos de restauración e ocio afectados na súa actividade pola covid-19

A resolución recolle os requisitos para a tramitación destas exencións, previa solicitude dos interesados

Poden acollerse a esta medida de apoio da Xunta os restaurantes, salóns de banquetes, cafeterías e bares, salas de festas, discotecas, pubs, cafés espectáculo, furanchos hoteis e aloxamentos turísticos, balnearios e os albergues turísticos

A disposición aplícase a todos os establecementos que teñan diminuído a súa actividade, establecendo un consumo da auga igual ou inferior ao 25% do consumo realizado no período de facturación inmediatamente anterior ao 5 de novembro

Tamén accederán ás exencións cando se acredite unha diminución da actividade nos rexistros de aloxamentos, dos servizos efectivamente realizados ou do consumo eléctrico de, polo menos, o 75%

As exencións aos consumos de auga aplicarase aos períodos de facturación comprendidos entre o 5 de novembro de 2020 e ata a data na que se levante a declaración de situación de emerxencia sanitaria de interese galego

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2021.- A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se establece o modelo de solicitude da exencións no canon da auga e coeficiente de vertido a aqueles sectores económicos afectados na súa actividade pola evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria derivada da covid-19, como son os establecementos de restauración e ocio.

A resolución recolle a disposición da Lei de medidas fiscais e administrativas dos Orzamentos da Xunta para o ano 2021, que establece os requisitos para poder obter dita exención, que debe tramitarse previa solicitude do interesado. A información sobre esta medida de apoio da Xunta aos sectores máis afectados, e o modelo normalizado de solicitude de exención do canon da auga e coeficiente de vertedura inclúese no anexo da resolución publicada hoxe no DOG: https://xurl.es/Augas+de+Galicia

Poderán acceder á exención do pagamento do canon da auga ou do coeficiente de vertedura os titulares de auga dos establecementos de restauración: restaurantes, salóns de banquetes, cafeterías e bares; de lecer e entretemento: salas de festas, discotecas, pubs, cafés espectáculo e furanchos; así como os hoteis e aloxamentos turísticos, balnearios e os albergues turísticos.

A exención do pagamento será de aplicación sempre que estes establecementos teñan diminuído significativamente a súa actividade durante a vixencia da mesma.

A disposición fixa que os consumos realizados sexan iguais o inferiores ao 25% do consumo realizado no período de facturación inmediatamente anterior ao 5 de novembro. Poderán tamén acceder a estas exencións no casos dos rexistros de aloxamentos, dos servizos efectivamente realizados ou do consumo eléctrico se desprenda unha diminucións da actividade de, polo menos o 75%.

A exención do pagamento do canon da auga ou do coeficiente de vertedura os consumos de auga aplicarase aos períodos de facturación comprendidos entre o 5 de novembro de 2020 e ata a data na que se levante a declaración de situación de emerxencia sanitaria de interese galego efectuada polo acordo do Consello da Xunta de Galicia do 13 de marzo de 2020.