Consellería de Infraestruturas e Movilidade

CMATI

|
|
|
Compartir

A Xunta realiza actuacións de conservación e limpeza no treito interurbano do río Quenxe, ao seu paso polo concello da Laracha

Esta actuación de Augas de Galicia lévase a cabo nun tramo deste río no seu percorrido pola parroquia de Torás

Os traballos céntranse na retirada de árbores mortas e de madeira caída

O obxectivo é a mellora dos leitos fluviais para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos

Santiago de Compostela, 6 de xaneiro de 2021.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, executa actuacións de limpeza e conservación no treito interurbano do río Quenxe, ao seu paso polo municipio da Laracha.

Os traballos que Augas de Galicia está a executar coinciden cun tramo deste río, no seu percorrido pola parroquia de Torás.

As tarefas céntranse na retirada de árbores mortas e madeira caída sobre a canle, e na roza puntual. Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial Galicia-norte e as súas zonas de acceso e protección.

Este tipo de traballos permite a mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna do río.