Consellería de Infraestruturas e Movilidade

CMATI

|
|
|
Compartir

A Xunta realiza actuacións de conservación e limpeza no treito interurbano dos ríos Bouzas e Ponteceso ao seu paso polo Concello de Ponteceso

Esta actuación de Augas de Galicia lévase a cabo en distintos tramos destes ríos no seu percorrido polas parroquias de Cospindo e Tella

Os traballos céntranse na retirada de árbores mortas e de madeira caída e na roza selectiva de maleza naqueles puntos susceptibles de reter material e formar atoamentos

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade persegue a mellora dos leitos fluviais e favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2020.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, executa actuacións de limpeza e conservación no treito interurbano dos ríos Bouzas e Ponteceso, ao seu paso polo municipio de coruñés de Ponteceso.

Os traballos que Augas de Galicia está executar coinciden con distintos tramos destes ríos, no seu percorrido polas parroquias de Cospindo e Tella.

As tarefas que se realizan céntranse na retirada de árbores mortas e de madeira caída sobre a canle, e na roza selectiva de maleza naqueles puntos susceptibles de reter material e formar atoamentos. Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial Galicia-norte e as súas zonas de acceso e protección.

Este tipo de traballos permiten a mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna do río.