Consellería de Infraestruturas e Movilidade

CMATI

|
|
|
Compartir

A Xunta somete a consulta pública a revisión dos mapas de risco de inundación da demarcación hidrográfica Galicia-Costa para o ciclo 2021- 2027

Establécese un período de tres meses, que comezarán a contar desde mañá, no que se poderá consultar os mapas a través do visor da web de Augas de Galicia e realizar as achegas correspondentes

A consulta inclúe os mapas de risco e perigosidade para o período 2021-2027 e engade o detalle da delimitación das zonas de protección e fluxo preferente das augas

A Xunta, no marco da preparación ante os desafíos do cambio climático, continúa a acoutar as zonas de risco potencial de inundacións, desde unha perspectiva integral e multidisciplinar que axude á prevención e protección

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2020.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, publica hoxe no Diario Oficial de Galicia o inicio do proceso de consulta pública para completar a revisión e actualización dos mapas de risco de inundación da demarcación hidrográfica Galicia Costa para o ciclo 2021-2027.

Durante os vindeiros tres meses, a contar desde mañá, poderanse consultar os mapas e realizar as achegas e suxestións correspondentes. Para isto, estará a disposición a páxina web da administración hidráulica da Xunta, https://augasdegalicia.xunta.gal/, que contén un visor para consultar os mapas, e tamén as oficinas do organismo.

Neste enlace ao DOG, pódese ampliar a información relativa ao anuncio publicado hoxe. 

Este procedemento enmárcase no proceso de revisión do actual do Plan de xestión de risco de inundacións da demarcación Galicia-Costa (PXRI) que está a levar a cabo Augas de Galicia e que servirá como base para a elaboración do Plan de xestión de risco de inundación 2021-2027.

Augas de Galicia desenvolveu no ano 2018 unha nova avaliación preliminar de riscos de inundación, ampliando as áreas de risco existentes, que pasaron das 168 áreas do Plan de Xestión de 2015/2021 ás 170 con risco potencial significativo de inundacións para este novo ciclo 2021/2027.

O organismo hidráulico da Xunta estableceu dúas fases para o desenvolvemento da consulta pública na revisión dos mapas de risco de inundacións, documentos base e primordiais para o desenvolvemento e posterior elaboración dos Plans de Xestións de riscos na demarcación Galicia-Costa.

Cómpre lembrar que a finais de marzo deste ano comezou a consulta pública da revisións dos mapas das novas áreas con risco potencial de inundación para 2021-2027, que veu prolongado o período de exposición pública pola suspensión dos prazos administrativos coa declaración do estado de alarma, estendéndose desde o 1 de xuño e ata o pasado 1 de setembro.

Nesta segunda fase, sométese a consulta as actualizacións e modificacións do resto dos mapas de perigosidade e riscos das ARPSIS que non saíron na primeira fase da consulta, así como das zonas de protección e fluxo preferente identificadas.

Na seguinte táboa amósanse as áreas que saen a consulta pública neste segunda fase:

 

NOME
 
NOME
 
NOME
 

Río Morto - A Pobra do Caramiñal

ACTUALIZADA
Río Vispo - Bueu
ACTUALIZADA

Rego de Granda - Pontevedra

ACTUALIZADA
Río Sar - Bertamiráns-
ACTUALIZADA
Río Lameira - Marín
AMPLIADA/MOD.
Río Puntillón - Moaña
ACTUALIZADA
Río Sar - Santiago de C,
ACTUALIZADA

Río Lérez e Gafo – Fomeza, Pinto

AMPLIADA/MOD.
Río Ouro - Alfoz
ACTUALIZADA
Río Tambre - Sigueiro
ACTUALIZADA
Regacho Baltar - Sanxenxo
ACTUALIZADA
Río Ouro - Foz
ACTUALIZADA
Río Grande - Baio
ACTUALIZADA
Río Umia - Ribadumia
ACTUALIZADA
Pedreira - Viveiro
ACTUALIZADA
Río Anllóns - Ponteceso
ACTUALIZADA

Río de Ou Con - Vilagarcía de Arousa. Rio Fomeza

ACTUALIZADA
Río Landro - Viveiro
ACTUALIZADA
Río de Arteixo
ACTUALIZADA
Rego de Listres - Aguiño
ACTUALIZADA
Río Ulla - Ponche Ledesma
ACTUALIZADA

Río de Pastoriza - A Coruña

ACTUALIZADA
Río Saíñas - Ribeira
ACTUALIZADA
Río Ulla - Ponteulla
ACTUALIZADA
Río Mero - Cambre
ACTUALIZADA
Río Tinto - Teo
ACTUALIZADA
Río Morela - Cariño
ACTUALIZADA
Río Mandeo - Betanzos
ACTUALIZADA

Río Vilaboa e Río Manlle - Noia

ACTUALIZADA
Río Freixeiro - Narón
ACTUALIZADA
Eume - As Pontes
AMPLIADA/MOD.
Río de Tines - Outes
ACTUALIZADA
Río de Seixedo - Arteixo
AMPLIADA/MOD.
Río Magalofes - Fene
ACTUALIZADA
Río Dubra - Bembibre
ACTUALIZADA
Río Grande - Carballo
ACTUALIZADA
Río Belelle - Neda
ACTUALIZADA

Río Cabriavella - Pontedeume

ACTUALIZADA
Río de Cee
ACTUALIZADA
Rego de Aneiros - Ferrol
ACTUALIZADA
Río Dola - Ortigueira
ACTUALIZADA
Río Tambre - A Pontenova
ACTUALIZADA
Río Condomiñas - Cedeira
ACTUALIZADA
Río Ulla - Pontevea
ACTUALIZADA
Rego dá Mámoa - Ribeira
ACTUALIZADA
Río Masma - Mondoñedo
ACTUALIZADA
Rego de Nois - Foz
ACTUALIZADA

Río Pedras - A Pobra do Caramiñal

ACTUALIZADA
Río Batán - Lourenzá
ACTUALIZADA

Rego de Ponche Muiñas - Nigrán

ACTUALIZADA
Rego do Pontillón - Boiro
ACTUALIZADA
Río Miñor - Gondomar
AMPLIADA/MOD.

Rego de Pousadas - Vilaboa

ACTUALIZADA

Rego de Lampán - Escarabote

ACTUALIZADA

Rego de Chapela - Redondela

ACTUALIZADA
Río Loira - Marín
ACTUALIZADA
Río Coroño - Boiro
ACTUALIZADA
Río Cabeiro - Redondela
ACTUALIZADA
Rego Vilariño - Poio
ACTUALIZADA

Río Che - Listres - Rianxo

ACTUALIZADA

Río de Postillón - Cangas do Morrazo

ACTUALIZADA
Río de Chanca - Meaño
ACTUALIZADA

Río Che - Carballal - Rianxo

ACTUALIZADA

Río de Presa - Cangas do Morrazo

ACTUALIZADA

Río Umia - Vilanova de Arousa

ACTUALIZADA
Rego Vilar - Milladoiro
ACTUALIZADA

Río Sarela - Santiago de C,

ACTUALIZADA
Río de Tines - Outes
ACTUALIZADA

Vaguada de Paleo - Carral

AMPLIADA/MOD.
Río Furelos - Melide
ACTUALIZADA
Río Doas - Outes
ACTUALIZADA

Rego dous Muíños - Miño

ACTUALIZADA

Río Sieira - Porto do Son

ACTUALIZADA

Río Tambre - Outes-Noia

ACTUALIZADA
Muras
ACTUALIZADA

Rego do Curral de Abaixo - Porto do Son

ACTUALIZADA

Río Tambre - Portomouro

ACTUALIZADA

Rego de San Antonio - Ferrol

ACTUALIZADA

Río Corzo - Porto do Son

ACTUALIZADA

Rego de Xunqueira - Tordoia

ACTUALIZADA

Rego de San Vicente - Narón

ACTUALIZADA

Rego Lavandeira - Porto do Son

ACTUALIZADA

Rego dá Fraga - Ordes

ACTUALIZADA

Río da Veiga - Cedeira

ACTUALIZADA

Río Maior - Porto do Son

ACTUALIZADA

Rego de Lariño - Carnota

ACTUALIZADA

Río dás Mestas - Valdoviño

ACTUALIZADA

Río Cans - Porto do Son

ACTUALIZADA

Regacho Sestelos - Carnota

ACTUALIZADA

Río Mera - Mera - Ortigueira

ACTUALIZADA

Rego Sancho - Porto do Son

ACTUALIZADA

Rego Mallou - Carnota

ACTUALIZADA

Río Mera - A Corredoira - Ortigueira

ACTUALIZADA

Río Sandión - Porto do Son

ACTUALIZADA

Río Medelas - Carnota

ACTUALIZADA

Río Casón - Ortigueira

ACTUALIZADA

Rego dá Igrexa - Porto do Son

ACTUALIZADA

Río dá Rateira - Carnota

ACTUALIZADA

Río Seixo de Landoi - Cariño

ACTUALIZADA

Rego dá Igrexa - Portosín

ACTUALIZADA

Río de Louredas - Carnota

ACTUALIZADA
Garita - Cariño
ACTUALIZADA

Río Hornanda - Porto do Son

ACTUALIZADA

Rego dá Laxe - Carnota

ACTUALIZADA
Río Cariño - Cariño
ACTUALIZADA

Rego dá Horta - Muros

ACTUALIZADA

Rego Pexegueiro - Mazaricos

ACTUALIZADA
Pe de Boi - Viveiro
ACTUALIZADA
Río Catalán - Muros
ACTUALIZADA
Río Fornes - Dumbría
ACTUALIZADA

Rego de Loiba - Viveiro

ACTUALIZADA

Río Valdexeria - Muros

ACTUALIZADA

Rego do Medio - Fisterra

ACTUALIZADA
Río de Moucide - Foz
ACTUALIZADA

Rego dás Covas - Muros

ACTUALIZADA

Rego dous Polbos - Corme

ACTUALIZADA
Río Centiño - Foz
ACTUALIZADA

Regacho dá Covela - Muros

ACTUALIZADA

Rego Pardinas - Carballo

ACTUALIZADA

Río Ferreira - O Valadouro

ACTUALIZADA
Río Rateira - Muros
ACTUALIZADA

Rego Sisalde - Arteixo

ACTUALIZADA
Río Xunco - Cervo
ACTUALIZADA
Río Maior - Muros
ACTUALIZADA
Palavea - A Coruña
ACTUALIZADA

Rego da Barranca - Barreiros

ACTUALIZADA

Río de Bendimon - Outes

ACTUALIZADA

Rego de San Pedro - Oleiros

ACTUALIZADA

Rego de Santiago - Barreiros

ACTUALIZADA
Rego de Brión -Outes
ACTUALIZADA
Liáns - Oleiros
ACTUALIZADA

Rego de Esteiro - Ribadeo

ACTUALIZADA

Río Sarela - Santiago de C,

ACTUALIZADA
Río de Tines - Outes
ACTUALIZADA

Vaguada de Paleo - Carral

AMPLIADA/MOD.
Meirengos - Ribadeo
ACTUALIZADA

Río Verdugo - Ponte Caldelas

ACTUALIZADA
Meirengos - Ribadeo
ACTUALIZADA

Rego Moreira - Ribadeo

ACTUALIZADA

Rego de Santa María de Oia

ACTUALIZADA

Rego Moreira - Ribadeo

ACTUALIZADA

Rego de Vilaselán - Ribadeo

ACTUALIZADA

Rego de Vilasuso - Oia

ACTUALIZADA

Rego de Vilaselán - Ribadeo

ACTUALIZADA

Rego de San Xulián - Ribadeo

ACTUALIZADA
Río Mougas - Oia
ACTUALIZADA

Rego de San Xulián - Ribadeo

ACTUALIZADA

Rego das Tres Regueiras - Baiona

ACTUALIZADA

Rego de Nanín - Sanxenxo

ACTUALIZADA

Rego das Tres Regueiras - Baiona

ACTUALIZADA
Río Barxa - Vigo
ACTUALIZADA
Rego Muiño - Poio
ACTUALIZADA
Río Barxa - Vigo
ACTUALIZADA
Río Fondón - Redondela
ACTUALIZADA
Rego Covelo - Poio
ACTUALIZADA

Río Fondón - Redondela

ACTUALIZADA

Río Pexegueiro - Redondela

ACTUALIZADA

Rego do Esperon - Poio

ACTUALIZADA

Río Pexegueiro - Redondela

ACTUALIZADA

Río de Alvedosa - Pazos de Borbén

ACTUALIZADA

Rego dá Cancela - Poio

ACTUALIZADA

Río de Alvedosa - Pazos de Borbén

ACTUALIZADA
Río do Faro - Moaña
ACTUALIZADA

Río Rasoeiro - O Grove

ACTUALIZADA
Río do Faro - Moaña
ACTUALIZADA
San Bartomeu - Moaña
ACTUALIZADA
Río Agra - Barro
ACTUALIZADA
San Bartomeu - Moaña
ACTUALIZADA
Río Sobreira - Moaña
ACTUALIZADA

Rego de Sordido - Vilagarcía de Arousa

ACTUALIZADA
Río Sobreira - Moaña
ACTUALIZADA

Rego do Río Maior - Vilaboa

ACTUALIZADA

Rego da Somoza - A Estrada

ACTUALIZADA

Rego do Río Maior - Vilaboa

ACTUALIZADA

Delimitación das zonas de protección e fluxo preferente

Ao tempo, nesta consulta, incorpóranse os mapas coa información das zonas de protección e fluxo preferente das augas das novas áreas de risco de inundación para 2021-2027, que xa completaron a consulta pública dos mapas de riscos e perigosidade na primeira fase.
Nesa primeira fase expuxéronse os mapas de risco e perigosidade das zonas identificadas previamente nos concellos de Sada e Cambados, así como novos tramos que se engaden ás areas preexistentes nos ríos Gaio, en Cuntis; Umia e Lérez, e as primeiras revisións dos mapas relativos ao ciclo 2015-2021.

Tamén saíron a consulta os mapas de risco e perigosidade das áreas seguintes:

 

NOME
 
Rego de Campeda - Vimianzo
Revisión
Río Anllóns – Carballo
Revisión
Vaguada de Paleo – Carral
Revisión
Rego Maior - Sada
Nova
Río Ulla e Río Sar - Padrón
Revisión
Río Fontecova - Viveiro
Revisión
Rego de Trasposta - Viveiro
Revisión
Rego de Bahíña - Baiona
Revisión
Río Groba - Baiona
Revisión
Río Lagares - Vigo
Revisión

Río Lérez e Río Gafos - Pontevedra

Revisión e ampliación
Río Umia - Caldas de Reis
Revisión e ampliación
Río Gallo - Cuntis
Revisión e ampliación

Rego de Ucha- Corvillón Cambados

Nova

Con este novo paso, a Xunta continúa a acoutar as zonas de risco potencial de enchentes, desde unha perspectiva integral e multidisciplinar que axude á prevención e protección, no marco da preparación ante os desafíos do cambio climático.

Ademais da actualización de áreas e mapas de risco de inundación, Augas de Galicia está a elaborar, de forma paralela, plans específicos para as 9 zonas fluviais de Galicia con maior risco por inundacións. Son as contornas dos ríos Umia, en Caldas de Reis e Portas; Ulla-Sar, en Padrón, Dodro, Rianxo, Rois, Catoira, Pontecesures e Valga; Anllóns, en Carballo; Lagares, en Vigo; Bahíña e Groba, en Baiona; Fontecova e Trasposta, en Viveiro; e Campeda, en Vimianzo.

O Goberno galego destaca a importancia da colaboración entre todas as Administracións e axentes implicados para estar máis preparados fronte as inundacións e acadar unha máis rápida e mellor recuperación fronte ás súas posibles consecuencias.