Consellería de Infraestruturas e Movilidade

CMATI

|
|
|
Compartir

A Xunta executa traballos de conservación e mantemento no noiro de protección da marxe do río Mero en Ponte Peiraio, no concello de Cambre

Os servizos de conservación fluvial de Augas de Galicia están a actuar no muro de sostemento da senda que se viu afectado o pasado inverno, retirando ás árbores caídas e a varanda para reducir o seu peso e evitar un atoamento no río

Estas actuacións completaranse coa instalación de peche nos extremos para evitar o riscos que poden implicar o acceso a esta zona do paseo

Os técnicos da Xunta están a supervisar o proxecto base para a licitación das obras de execución dun novo muro de protección da marxe e para o acondicionamento do treito da senda soportado por este

A Xunta continúa colaborando co Concello de Cambre, con quen recentemente asinou un convenio para o mantemento da contorna do río Mero, cun investimento autonómico de case 160.000 euros
 

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2020.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está a executar actuacións de conservación no noiro de sostemento da senda fluvial de Ponte Peiraio, sobre a marxe esquerda da canle do río Mero, en Cambre, afectado polas sucesivas frontes de choivas acontecidas en decembro do ano pasado.


Os traballos que está a executar o servizo de conservación fluvial de Augas de Galicia céntranse no tramo de muro de sostemento da senda que se viu afectado e consisten na retirada de árbores caídas e na retirada da varanda metálica do muro, para reducir o seu peso e evitar que poida causar atoamento no río.


As actuacións en marcha, completaranse coa instalación de peche nos extremos para evitar o riscos que pode implicar o acceso a esta zona do paseo, que no seu momento foi pechada pola Policía Local.


A intervención que se está a levar a cabo ten como obxectivo atender as incidencias provocadas polas sucesivas frontes de choivas acontecidas en decembro do ano pasado.


Cómpre sinalar que Augas de Galicia está a supervisar neste momento o proxecto de execución dun novo muro de protección na marxe do río en Ponte Peiraio, así como o acondicionamento do treito da senda soportado por este, para a súa licitación.
O departamento que dirixe Ethel Vázquez segue a colaborar co Concello de Cambre, con que tamén recentemente asinou un convenio de colaboración para o mantemento da contorna do río Mero, cun investimento autonómico de case 160.000 euros. O acordo terá efectos ata o 31 de decembro de 2023.