Consellería de Infraestruturas e Movilidade

CMATI

|
|
|
Compartir

A Xunta executa traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Manle, no concello de Rois

Os traballos desenvólvense en distintos tramos do río ao longo de preto de 3 quilómetros, nas parroquias de Ermedelo e Augasantas

Santiago de Compostela, 17 de xullo 2020.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a desenvolver traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Manle, no concello de Rois.

Estas tarefas estanse a desenvolver en distintos tramos do río ao longo de preto de 3 quilómetros de lonxitude, ao seu paso polas parroquias de Ermedelo (San Martiño) e Augasantas (San Vicente).

As actuacións céntranse na retirada de árbores caídas e madeira morta acumulada na canle do río. Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, favorecendo así a circulación fluída das súas augas.

Estas accións enmárcanse no programa de mantemento, conservación e mellora que realiza Augas de Galicia no dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia-centro.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade mantén activas as actuacións para a mellora dos leitos fluviais e para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos.