Consellería de Infraestruturas e Movilidade

CMATI

|
|
|
Compartir

A Xunta executa traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Iso, no concello de Arzúa

Os traballos desenvólvense en distintos tramos do río ao longo de preto de 1 quilómetro, nas parroquias da Castañeda e Lema

As actuacións céntranse na retirada de árbores caídas e madeira morta acumulada na canle do río

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade mantén activas as actuacións para a mellora dos leitos fluviais e para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos
 

Santiago de Compostela, 16 de xullo 2020.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a desenvolver traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Iso, no concello de Arzúa.


Estas tarefas estanse a desenvolver en distintos tramos do río ao longo de preto de 1 quilómetros de lonxitude, ao seu paso polas parroquias de Santa María da Castañeda e San Pedro de Lema.


As actuacións céntranse na retirada de árbores caídas e madeira morta acumulada na canle do río.


Estas accións enmárcanse no programa de mantemento, conservación e mellora que realiza Augas de Galicia no dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia-centro.


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade mantén activas as actuacións para a mellora dos leitos fluviais e para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos.