Consellería de Infraestruturas e Movilidade

CMATI

|
|
|
Compartir

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Sar, nos concellos de Padrón e de Rois

Os traballos neste río están a desenvolverse na contorna das parroquias de Padrón e Ribasar

No tramo do río en Padrón actuarase sobre as árbores con partes rotas ou moi inclinadas sobre a canle

As tarefas no treito que percorre o municipio de Rois céntranse na retirada de árbores caídas e madeira morta acumulada

A Consellería de Infraestruturas mantén activas as actuacións para a mellora dos leitos fluviais e favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2020.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de conservación e limpeza no río Sar, ao seu paso polos concellos de Padrón e Rois.

Estes traballos desenvólvense nos treitos interurbano deste río, no seu percorrido polas parroquias de Padrón e de Ribasar, dos respectivos concellos.

No tramo do río ao seu paso por Padrón actuarase sobre as árbores con partes rotas ou moi inclinadas sobre a canle.

No tramo do río Sar en Rois, as tarefas de mantemento na contorna do río céntranse na retirada de árbores caídas e madeira morta acumulada na canle.

Estas accións forman parte dos programas de mantemento, conservación e mellora que realiza Augas de Galicia no dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia-centro.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade mantén así activas as actuacións para a mellora dos leitos fluviais e para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos.