Consellería de Infraestruturas e Movilidade

CMATI

|
|
|
Compartir

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Umia, nos concellos de Meis e Vilanova de Arousa

Os traballos de mantemento están a levarse a cabo nos treitos interurbano deste río ao seu paso polo lugar das Aceñas, nas parroquias de Paradela e Baión

As obras céntranse na retirada de árbores e madeira morta caída sobre o canle do río, e enmárcanse nos tarefas de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa que desenvolve Augas de Galicia

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade persegue a mellora dos leitos fluviais e favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos
 

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2020.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de executar actuacións de limpeza e conservación nos treitos interurbanos do río Umia, nos concellos de Meis e Vilanova de Arousa.

As tarefas de mantemento se desenvolven no treito interurbano deste río ao seu paso polo lugar das Aceñas, nas parroquias de Paradela (Meis) e Baión (Vilanova de Arousa)
Estes traballos centraranse na retirada de árbores e madeira morta sobre a canle do río. Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

O organismo hidráulico da Xunta desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia Norte e as súas zonas de acceso e protección.
Este tipo de intervencións da Xunta permiten a mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna do río.