Consellería de Infraestruturas e Movilidade

CMATI

|
|
|
Compartir

A Xunta adxudicou por 39.600 euros a reforma da rede de abastecemento de auga potable na rúa Lugo de Portomarín

O delegado territorial da Administración autonómica, José Manuel Balseiro, explicou que os traballos teñen un prazo estimado de dous meses e medio

Portomarín (Lugo), 31 de outubro de 2019.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade adxudicou por un importe de 39.620 euros a obra de reforma da rede de abastecemento de auga potable da rúa Lugo, no núcleo urbano de Portomarín.

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, explicou que hai un prazo estimado de dous meses e medio para realizar os traballos proxectados sobre a rede, cunha lonxitude aproximada de 244 metros.

As actuacións programadas inclúen a realización dunha gabia para colocar a tubaxe e a reposición de acometidas ás edificacións existentes, mediante arquetas cos elementos precisos -como válvulas de paso ou reguladores de presión-, e a colocación dos correspondentes elementos de unión entre tubaxes coas características axeitadas á presión que soportarán.

Unha vez feita a instalación reporase o firme mediante soleira de formigón de 15 centímetros na zona peonil e de 20 centímetros na zona de tránsito de vehículos, e rematarase mediante lousa de pedra, formigón ou asfalto, en función do pavimento existente.