Consellería de Infraestruturas e Movilidade

CMATI

|
|
|
Compartir

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos de tres ríos ao seu paso polo concello de Valga

A actuación de Augas de Galicia coinciden cos tramos deste ríos no seu percorrido por distintas parroquias do concello, e comprende varios tramos das áreas con risco potencial significativo de inundacións neste municipio e tamén no de Catoira

As tarefas comprenden a retirada de árbores mortas e madeira acumulada, así como elementos susceptibles de causar atoamentos, e rozas selectivas puntuais

Estes traballos enmárcanse no mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito da zona Galicia Centro

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade perseguen a mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna do río

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2019.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de limpeza e conservación nos treitos interurbanos dos ríos Valga e Louro e un terceiro innominado, no municipio de Valga.

Os traballos de Augas de Galicia coinciden cos tramos deste ríos no seu percorrido polas distintas parroquias dos municipio pontevedreses, e abarca varios tramos das áreas con Risco Potencial Significativo de Inundacións, que se inician en Valga e se estenden tamén ao concello de Catoira

As actuacións lévanse a cabo nos treitos interurbanos destes ríos e forman parte dos traballos de mantemento de tramos desde areas con risco potencial de Inundacións, centrándose na retirada de árbores mortas e madeira acumulada, así como elementos susceptibles de causar atoamentos, así como rozas selectivas puntuais. Unha vez finalizadas estas actuacións, os tres regos e o río quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial Galicia-Centro e as súas zonas de acceso e protección.

Mediante este tipo de traballos, a Xunta ten como obxectivo a mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna do río.