Consellería de Infraestruturas e Movilidade

CMATI

|
|
|
Compartir

A Xunta adxudica obras de mellora na estación depuradora de Porto do Son, cun investimento autonómico de máis de 25.000 euros

Esta infraestrutura é explotada a través de Augas de Galicia, que apoia ao Concello nas súa competencias de prestación do servizo municipal de tratamento das augas residuais, e os traballos teñen un prazo de execución de 3 meses

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade coopera coas Administracións Locais para que a cidadanía dispoña de servizos axeitados e garantir a súa calidade de vida

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2019.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia vén de adxudicar obras de mellora na Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) do Concello de Porto do Son, cun investimento autonómico superior aos 25.000 euros.

As actuacións de Augas de Galicia dispoñen dun prazo de execución de 3 meses e foron adxudicada á empresa Construcciones Taboada y Ramos S.L.

A intervención na estación depuradora de Porto do Son permitirá acometer traballos de mellora dos sistemas de xestión telemática no control do efluente da EDAR.

Cómpre sinalar que estas infraestruturas son explotadas pola Xunta, a través de Augas de Galicia, que apoia ás Administracións locais no desenvolvemento das súa competencias de prestación do servizo municipal de tratamento de augas residuais.

Esta intervención enmarcase na cooperación da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade cos Concellos para que a cidadanía dispoña de servizos axeitados, e garantir a calidade de vida dos seus habitantes.