Consellería de Infraestruturas e Movilidade

CMATI

|
|
|
Compartir

A Xunta adxudica obras de mellora na estación depuradora de Meaño, cun investimento autonómico de preto de 50.000 euros

Esta infraestruturas é explotada a través de Augas de Galicia, que apoia aos Concellos nas súa competencias de prestación do servizo municipal de tratamento das augas residuais, e os traballos teñen un prazo de execución de 3 meses

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade coopera coas Administracións locais a través de Augas de Galicia para que a cidadanía dispoña de servizos axeitados e garantir a súa calidade de vida
 

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2019.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia vén de adxudicar obras de mellora nas Estacións Depuradoras de Augas Residuais (EDAR) do Concello de Meaño, cun investimento autonómico de preto de 50.000 euros.

Esta intervención de Augas de Galicia dispoñen dun prazo de execución de 3 meses e foron adxudicada á empresa Espina Obras Hidráulicas, S.A.

Os traballos na estación depuradora deste municipio pontevedrés permitirá incrementar a eficiencia enerxética da depuradora, e tamén se aproveitarán os traballos para a instalación dun concentrador de graxas da EDAR.

Cómpre sinalar que estas infraestruturas son explotadas pola Xunta, a través de Augas de Galicia, que apoia ás Administracións locais no desenvolvemento das súa competencias de prestación do servizo municipal de tratamento de augas residuais.

Esta actuación enmarcase na cooperación da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade cos Concellos para que a cidadanía dispoña de servizos axeitados, e garantir a calidade de vida dos seus habitantes.