Consellería de Infraestruturas e Movilidade

CMATI

|
|
|
Compartir

A Xunta remata as obras de renovación da drenaxe na estrada AC-424, ao seu paso pola parroquia de Corme Aldea, en Ponteceso

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade destina un investimento de case 33.000 euros a esta actuación de mellora na vía autonómica

Coa execución desta intervención se persegue evitar os episodios de asolagamento que se teñen rexistrado nesta zona

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade traballa na conservación da rede de estradas autonómicas para incrementar a seguridade viaria e a comodidade na circulación dos seus usuarios

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2019.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade remata as obras de renovación da drenaxe na estrada de titularidade autonómica AC-424, ao seu paso polo Concello de Ponteceso.

Esta actuación foi executada pola empresa Construcciones López Cao, e dispuxo dun investimento autonómico de case 33.000 euros.

Os traballos consistiron na substitución da obra de drenaxe transversal nesta estrada, á altura do punto quilométrico 7+340, na parroquia de Corme Aldea, para evitar os episodios de asolagamento que se teñen rexistrado neste punto.

Esta mesma semana, e tras a substitución do sistema de drenaxe anterior por un novo marco rectangular de maior sección, concluíuse a intervención co repintado da estrada. Neste momento só queda pendente a instalación dunha baranda.

Con estas actuacións a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade segue a traballar na conservación e mellorar a rede de estradas de titularidade autonómicas, para incrementar a seguridade viaria e a comodidade na circulación dos seus usuarios.