Consellería de Infraestruturas e Movilidade

CMATI

|
|
|
Compartir

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza no río Vilar ao seu paso polo Concello de Vimianzo

Estes traballos de mantemento están a levarse a cabo no treito interurbano do río no lugar de Cheis, na parroquia de Bamiro (San Mamede)

As obras consisten na retirada de árbores e pólas caídas nas marxes do río, así como da madeira morta existente

As actuacións enmárcanse no mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa que desenvolve Augas de Galicia

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade continúa traballando na mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna dos ríos

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2019.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de limpeza e conservación no río Vilar (O Torrente), no Concello de Vimianzo.

Estes traballos de mantemento se levan a cabo no treito interurbano deste río ao seu paso polo lugar de Cheis, na parroquia de Bamiro (San Mamede).

As obras inclúen o desbroce de maleza das marxes, na retirada das árbores e pólas caídas e da madeira morta existente. Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

O organismo hidráulico da Xunta desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia- Costa, no ámbito territorial da zona Galicia Norte e as súas zonas de acceso e protección.

A Xunta, mediante este tipo de traballos, continúa traballando na mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna do río.