Consellería de Infraestruturas e Movilidade

CMATI

|
|
|
Compartir

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza no río Chaín ao seu paso polo concello de Caldas de Reis

Estes traballos de mantemento levaranse a cabo nos treitos interurbanos do río, na parroquia de Santa María de Caldas, no lugar de Castaños-Tivo

As obras consisten na retirada de árbores e pólas caídas sobre a canle e as marxes do río, así como da madeira morta existente
 

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2019.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, executa actuacións de limpeza e conservación no río Chaín, no Concello de Caldas de Reis.

Estes traballos de mantemento lévanse a cabo nos treitos interurbanos deste río ao seu paso pola parroquia de Santa María de Caldas, no lugar Castaños, Tivo.

As obras centraranse na retirada das árbores e pólas caídas e da madeira morta existente. Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

O Goberno galego desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia- Costa, no ámbito territorial da zona Galicia Sur e as súas zonas de acceso e protección.

A Xunta, mediante este tipo de traballos, continúa traballando na mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna do río.