Consellería de Infraestruturas e Movilidade

CMATI

|
|
|
Compartir

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos ríos Vilán, Acheiro, Anllóns, Fraga e Grande ao seu paso polo concello de A Laracha

Ovidio Rodeiro explicou que os traballos consistirán na retirada de árbores e pólas caídas no canle, así como da madeira morta existente

Augas de Galicia continúa traballando na mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medio ambientais e de uso social na contorna do río
 

Laracha (A Coruña), 17 de maio de 2019.- O delegado da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, acompañado polo alcalde de A Laracha, José Manuel López visitaron esta mañá algunhas das zonas nas que se está levando a cabo, dende fai uns días, a limpeza e conservación dos ríos de Vilán, Acheiro, Anllóns, Fraga e Grande ao seu paso por este concello. Os traballos terán unha duración de dous meses e un custe aproximado de 40.000 euros e actuarán sobre un tramo de 23 quilómetros en total.

Ovidio Rodeiro explicou que “as obras centraranse no desbroce de maleza das marxes e que invade o leito, na retirada das árbores e pólas caídas e da madeira morta existente”. Unha vez finalizadas estas actuacións, os ríos quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Concretamente, no río Vilán levarase a cabo a limpeza dos ameneiros caídos que están obstaculizando o cauce; no Acheiro tamén se procederá á retirada das árbores caídas; no Anllóns, ao igual que no caso anterior, detectáronse numerosos atascos no tramo de actuación, a maior parte na zona na que o río discorre paralelo ao campo de tiro; no río Fraga no inicio do tramo de actuación hai restos de maleza e no canle, e no tramo intermedio e final tamén se atopan numerosas árbores caídas, finalmente no río Grande só será preciso retirar algunhas ramas que están provocando a retención de residuos.

Estas accións se enmarcan no programa de mantemento de Augas de Galicia, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia- Costa, no ámbito territorial da zona Galicia Norte e as súas zonas de acceso e protección.

Este tipo de traballos permiten a mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna do río.