Consellería de Infraestruturas e Movilidade

CMATI

|
|
|
Compartir

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza no río Baa ao seu paso polos concellos de Mugardos e Fene

Estes traballos de mantemento levaranse a cabo nos treitos interurbanos do río, nos lugares de Franza e Limodre

A actuación de Augas de Galicia divídese en 5 tramos ao longo dun treito do río de 1,8 km e consiste na retirada de árbores e pólas caídas sobre a canle e as marxes do río, así como da madeira morta existente

Esta intervención do organismo hidráulico autonómico de Galicia enmárcanse no mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2019.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, executa actuacións de limpeza e conservación no río Baa, ao seu paso polos concellos de Fene e Mugardos.

Estes traballos de mantemento levaranse a cabo nos treitos interurbanos deste río ao seu paso polos lugares de Franza (Mugardos) e Limodre (Fene). A actuación estenderase ao longo dun treito do río de 1,8 km, dividida en 5 tramos.

As obras centraranse no desbroce de maleza das marxes e que invade o leito, na retirada das árbores e pólas caídas e da madeira morta existente. Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Estas accións se enmarcan no programa de mantemento de Augas de Galicia, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia- Costa, no ámbito territorial da zona Galicia Norte e as súas zonas de acceso e protección.

Este tipo de traballos permiten a mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna do río.