Consellería de Infraestruturas e Movilidade

CMATI

|
|
|
Compartir

Ethel Vázquez avanza que o saneamento da parroquia de Santa María, en Melide, estará rematado este mesmo verán

Esta iniciativa vén a dar cumprimento ao convenio de colaboración co concello de dotar do servizo de saneamento ás vivendas e edificacións por ambas marxes da estrada N-547, ás que a rede de saneamento actual non alcanza

Trátase de proporcionar á zona dunha nova rede de algo máis de 1,4 Km de lonxitude para recoller as augas residuais urbanas e conectar a rede xeral existente naquelas vivendas carentes deste servizo

Esta actuación forma parte da colaboración da Xunta cos concellos galegos no obxectivo de proveer á cidadanía de servizos axeitados, con especial atención a calidade de vida dos que habitan o medio rural

  • Ethel Vázquez, este luns na parroquia de Santa María de Melide

Melide (A Coruña), 4 de marzo de 2019.- A Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantivo hoxe unha xuntanza co alcaldesa de Melide, Dalia García, representantes da corporación municipal e veciños, na que avanzou o próximo inicio das obras de saneamento na parroquia de Santa María, co obxectivo de telas rematadas este mesmo verán.

Vázquez Mourelle presentou os detalles do proxecto no que a consellería, a través de Augas de Galicia, investirá máis de 116.000 euros, cumprindo así co convenio de colaboración asinado co concello, de dotar do servizo de saneamento ás vivendas e edificación, por ambas marxes da estrada N-547, ás que a rede de saneamento actual non alcanza.

Esta iniciativa ten como obxecto dotar á parroquia dunha nova rede de saneamento, de algo máis de 1,4 Km de lonxitude, que recolla as augas residuais urbanas naquelas vivendas carentes deste servizo e a súa conexión a rede xeral existente.

A parroquia de Santa María conta na actualidade cunha rede de saneamento na parte da parroquia que discorre pola marxe esquerda da vía N-547 en dirección Santiago de Compostela. Para mellorar esta situación, e prestar un adecuado servicio, a intervención abarcará actuacións na marxe esquerda e dereita da estrada nacional, que a súa vez dispoñen de varios tramos.

Na marxe esquerda da estrada, executarase un conduto de PVC que se estenderá ao longo dun treito de máis de 0,5 Km, que se conectará augas abaixo co colector existente nesa zona.

Na marxe dereita instalarase outro conduto de PVC, dividido en dous subtramos. Un tramo se conectará augas abaixo de xeito que acabe conectado ao colector da marxe esquerda da N-547, e o outro tramo de colector máis próximo ao termo municipal de Melide se conectará á rede de saneamento existente e que da servicio á piscina municipal.

Esta actuación enmarcase na cooperación da Xunta cos concellos galegos co obxectivo de que a cidadanía dispoña de servizos axeitados, especialmente á hora de garantir a calidade de vida dos veciños e veciñas do medio rural.

Estas obras contan co cofinanciamento do programa operativo FEADER 2014-2020.