Consellería de Infraestruturas e Movilidade

CMATI

|
|
|
Compartir

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza no río Mero ao seu paso polo concello de Cambre

Estes traballos de mantemento levaranse a cabo nos treitos interurbanos do río, nas parroquias de Bribes, Cecebre, Brexo, Cela e Sigrás

As obras consistirán na retirada de árbores e pólas caídas sobre a canle e as marxes do río, así como da madeira morta existente

As actuacións enmárcanse no mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia- Costa, no ámbito territorial da zona Galicia Norte, que desenvolve o Goberno galego

A Xunta continúa traballando na mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna do río

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2019.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, executa actuacións de limpeza e conservación no río Mero, no Concello de Cambre.

Estes traballos de mantemento levaranse a cabo nos treitos interurbanos deste río ao seu paso polas parroquias de Bribes, Cecebre, Brexo, Cela e Sigrás.

As obras centraranse no desbroce de maleza das marxes e que invade o leito, na retirada das árbores e pólas caídas e da madeira morta existente. Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

O Goberno galego desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia- Costa, no ámbito territorial da zona Galicia Norte e as súas zonas de acceso e protección.

A Xunta, mediante este tipo de traballos, continúa traballando na mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna do río.