Consellería de Infraestruturas e Movilidade

CMATI

|
|
|
Compartir

A Xunta licita o servizo de explotación e mantemento da presa do Con, en Vilagarcía de Arousa

As empresas interesadas en acometer este contrato poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 23 de xaneiro

O contrato ten como obxectivos a explotación, conservación e mantemento de todos os dispositivos de control, órganos de desaugue, accesos e demais instalacións, equipos auxiliares e sistemas de comunicación

A citada presa encora as augas do río Con e está situada no concello de Vilagarcía de Arousa, no ámbito territorial da Demarcación Hidrográfica Galicia Costa
 

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2019.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de licitar na plataforma de contratación o servizo de explotación, conservación e mantemento da presa do Con, en Vilagarcía de Arousa, por un investimento de case 230.000 euros.

As empresas interesadas en acometer este contrato poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 23 de xaneiro.

Este contrato ten como obxectivos explotar, conservar e manter a presa do Con e os seus equipos e instalacións. Realizarase a explotación, conservación e mantemento de todos os dispositivos de control, órganos de desaugue, accesos e demais instalacións, equipos auxiliares e sistemas de comunicación.

A citada presa encora as augas do río Con e está situada no concello de Vilagarcía de Arousa, no ámbito territorial da Demarcación Hidrográfica Galicia Costa. Ten unha altura sobre cimentos de 16 metros e un volume encorado de 0,26 Hm3.

Este encoro reforza o sistema de abastecemento municipal, subministrando parte da auga que a súa poboación demanda anualmente.

Esta infraestrutura é explotada pola Xunta, a través de Augas de Galicia que, deste xeito, apoia ao Concello no desenvolvemento das súa competencia de prestación do servizo municipal de abastecemento.