Consellería de Infraestruturas e Movilidade

CMATI

|
|
|
Compartir

Os encoros de abastecemento da Demarcación Galicia-Costa atópanse case ao 66% da súa ocupación total

As presas de abastecemento de Pontillón de Castro, Beche, Forcadas e Eiras presentan porcentaxes de volume encorado por riba da media

En relación ás bacías destinadas ao consumo hidroeléctrico, a de Touro é a de maior volume

Comparando a situación actual cos niveis rexistrados o pasado ano na demarcación hidrográfica, a ocupación dos encoros sitúase un 10,39 por cento por enriba
 

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2018.- Os encoros da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa, administrados por Augas de Galicia, atópanse ao 55,82 por cento da súa capacidade total.

Concretamente, os encoros de abastecemento están ao 65,78 por cento, e os de uso hidroeléctrico ou industrial, ao 54,81 por cento.

Estas cifras se recollen no último boletín hidrolóxico no que se sinalan os datos da evolución dos recursos hídricos na Demarcación Galicia- Costa a día de hoxe, e no que se indica que os 19 encoros de Galicia- Costa contan cun volume total de encorado de 385,24 Hm3, dos 690,14 de volume total.

As presas abastecemento de Pontillón de Castro, Beche, Forcadas e Eiras presentan porcentaxes de volume encorado por riba da media.
No que se refire ás bacías destinadas ao consumo hidroeléctrico, o encoro de Touro é o que presenta o maior porcentaxe de ocupación, cun 94,44 por cento.

Comparando a situación actual cos niveis rexistrados o pasado ano nos encoros de Galicia- Costa, o nivel de ocupación media dos encoros sitúase un 10,39 por cento por enriba. En concreto o 7 de novembro de 2017 estaban ao 45,54 por cento, fronte ao actual 55,82 por cento.

Axuntamos o Boletín Hidrolóxico de hoxe, no que se amplía a información sobre a evolución dos recursos hídricos no ano hidrolóxico 2018-2019.

Documento/s relacionados
  • Boletín hidrolóxico (14.12.2018) Descargar