Consellería de Infraestruturas e Movilidade

CMATI

|
|
|
Compartir

A Xunta pon a disposición da mancomunidade do Salnés un maletín de inspección para detectar en tempo real verteduras na rede de saneamento e axilizar a súa emenda

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, proporciónalle así á mancomunidade un mecanismo máis para axudar a controlar de forma máis eficaz as verteduras irregulares á rede

Estas ferramentas poderán ser instaladas en calquera tramo da rede para detectar mediante sensores os cambios na calidade da auga e activar no seu caso un tomador de mostras automático mandando ao instante unha alerta

A Xunta colabora dende hai anos coa mancomunidade, no marco dun convenio de colaboración, asesorando e promovendo medidas que lles faciliten a identificación, inventariado e regularización das verteduras irregulares na rede
 

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2018.- O xerente de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira, fíxolle hoxe entrega á Mancomunidade do Salnés dun maletín de inspección para detectar en tempo real verteduras na rede de saneamento e axilizar a súa emenda.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, pon así a disposición da mancomunidade un mecanismo máis para axudar a controlar de forma máis eficaz as verteduras irregulares á rede.

Estas ferramentas poderán ser instaladas de forma sinxela en calquera tramo da rede para detectar mediante os múltiples sensores os cambios na calidade da auga e activar no seu caso un tomador de mostras automático mandando ao instante un sinal de alerta.

Cómpre lembrar que Augas de Galicia xestiona e explota as depuradoras de Ribadumia, Meaño e a Illa de Arousa, que reciben auga desde redes xestionadas pola Mancomunidade do Salnés.

A Xunta colabora dende hai anos activamente coa mancomunidade, no marco dun convenio, asesorando e promovendo medidas que axuden ao ente supramunicipal na identificación, inventariado e regularización e control das verteduras irregulares que se produzan na rede.

Neste marco de colaboración, o Goberno galego está a desenvolver un Plan de Control de Vertidos nas redes do Salnés, que lle permite á mancomunidade contar cun censo actualizado dos vertidos á rede de empresas susceptibles, pola súa actividade. Ademais, o plan tamén incluíu a realización de campañas informativas ou a axilización de regularización das verteduras mediante unha maior comunicación coas empresas e procedementos claros para a solicitude dos permisos.