Consellería de Infraestruturas e Movilidade

CMATI

|
|
|
Compartir

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos de varios ríos ao seu paso polo concello de Vimianzo

Os treitos obxecto das intervencións suman unha lonxitude total de 8.000 metros, ao paso polas parroquias de Cambeda, Vimianzo e Calo

As tarefas consisten na roza e na retirada de árbores e biomasa na canle para evitar atoamentos

Os traballos permiten a mellora dos leitos fluviais para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2024

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos de varios ríos ao seu paso polo concello de Vimianzo.

Estas tarefas desenvólvense nunha lonxitude total de preto de 8.000 metros, nas parroquias de Cambeda, Calo e Vimianzo.

Os traballos céntranse na roza puntual e selectiva e na retirada de árbores e biomasa presente na canle para evitar atoamentos.

Unha vez finalizadas estas actuacións, os treitos de ríos quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa e nas súas zonas de acceso e protección.

Estas intervencións permiten a mellora dos leitos fluviais para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos