Consellería de Infraestruturas e Movilidade

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Masa de auga

Definición:

Unha masa de auga é unha parte diferenciada e significativa de auga superficial, como un lago, un encoro, unha corrente, río ou canle, parte dunha corrente, río ou canle, unhas augas de transición ou un tramo de augas costeiras.

Segundo a súa categoría as masas de auga agrúpanse en:

  • RÍOS, corpos de auga caracterizados polo movemento continuo e na mesma dirección das augas.
  • LAGOS, corpos de auga doce estancadas.
  • AUGAS DE TRANSICIÓN, próximas ás desembocaduras dos ríos.
  • AUGAS COSTEIRAS, situadas no mar a unha distancia determinada de terra.

Ademais de pola categoría, as masas de auga clasifícanse segundo a súa natureza en:

  • NATURAIS, cando non están significativamente alteradas polo home.
  • MOI MODIFICADAS, cando están significativamente alteradas polo home.
  • ARTIFICIAIS, cando foron creadas pola actividade humana.

As masas de auga clasifícanse en tipos (tipoloxía), agrupándose aquelas masas de auga con características homoxéneas, que permitan establecer uns obxectivos medioambientais acordes a cada un dos tipos. A clasificación das masas de auga superficiais en tipos permite identificar unhas condicións biolóxicas de referencia para o sistema de clasificación do estado ecolóxico, comúns ás masas de auga pertencentes a cada un dos tipos.

Subir