Contidos
Contidos

Avaliación Preliminar do Risco de Inundación

Seguindo o establecido no RD 903/2010 de 9 de xullo, de avaliación e xestión dos riscos de inundación, Augas de Galicia realiza na demarcación hidrográfica Galicia Costa a Avaliación Preliminar do Risco de Inundación co obxecto de determinar aquelas zonas ou áreas do territorio para as que se chegue á conclusión de que existe un Risco Potencial Significativo de Inundación (as denominadas ARPSIs) nas que a materialización dese risco pode considerarse probable. Esta avaliación seguindo o RD debe actualizarse e revisarse cada seis anos.

 

EPRI ciclo 2028-2033 (vixente)

Augas de Galicia iniciou no 2024 a revisión e actualización da Avaliación Preliminar do Risco de Inundación da demarcación hidrográfica Galicia Costa que servirá como base para a elaboración do Plan de Xestión de Risco de Inundación 2028-2033. O documento definitivo da EPRI define as ARPSIs vixentes actualmente e foi aprobado pola Dirección de Augas de Galicia por resolución do 13 de febreiro de 2025.

 

EPRI ciclo 2021-2027

Augas de Galicia iniciou no 2018 a revisión e actualización da Avaliación Preliminar do Risco de Inundación da demarcación hidrográfica Galicia Costa que serviu como base para a elaboración do Plan de Xestión de Risco de Inundación 2021-2027. O documento definitivo da EPRI define as ARPSIs vixentes actualmente e foi aprobado pola Dirección de Augas de Galicia o 25 de abril de 2019.

 

EPRI ciclo 2015-2021

Augas de Galicia elaborou no ano 2011 a Avaliación Preliminar do Risco de Inundación da demarcación hidrográfica Galicia Costa para o ciclo 2015-2021. O documento definitivo foi elaborado tras un proceso de consulta pública de 3 meses no que se tiveron en conta as suxestións e comentarios achegados e foi aprobado pola Xunta de Goberno de Augas de Galicia o 19 de decembro de 2011.Este documento actualmente conta cunha actualización aprobada o 25 de abril de 2019 que pode ser consultada no apartado anterior.

Ligazon/s relacionadas