Contidos

Información xeral

Quen desexe levar a cabo actividades de navegación ou flotación, de forma ocasional (competicións) ou máis estable no tempo, nos ríos, lagos ou encoros bastará coa presentación, cun período mínimo de antelación de 15 días, da declaración responsable da actividade que se pretende levar a cabo sen que sexa necesaria autorización expresa por parte do organismo de conca.

A “Declaración Responsable” é o documento no que o solicitante declara, baixo a súa responsabilidade, que cumpre cos requisitos e ten a documentación necesaria para poder realizar a actividade e que se compromete a manter o seu cumprimento durante a realización desta.