Contidos

Información xeral

As persoas físicas ou xurídicas que quixera realizar plantacións, curtas ou talas de especies arbóreas na zona de servidume das canles públicas deberán obter con carácter previo a oportuna autorización por parte do organismo de conca. Esta autorización e independente de outras que puideran resultar preceptivas,en especial daquelas obrigatorias no ámbito forestal ou medio ambiental.

A realización destas actividades sen esta autorización ou sen axustarse ás condicións que establece podería ser constitutiva de infracción administrativa.

Polo que se refire á lexislación aplicable, ademais da específica en materia de augas, hai que ter en conta a Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Fora da zona de servidume, as autorizacións para cortas ou talas a realizar na zona de policía do dominio público hidráulico requirirán a preceptiva autorización do órgano competente, por razón do territorio, en materia forestal.