Contidos

Procedemento de solicitude

Augas de Galicia pon a disposición dos interesados un modelo de declaración responsables para actuacións menores de mantemento e conservación do dominio público hidráulico e na zona de policía de leitos fluviais así como as instrucións para a presentación da dita declaración:

O procedemento atópase no portal da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

Información detallada do procedemento:

Para a tramitación do procedemento é preciso achegar o Xustificante de pagamento da taxa por actuacións de comprobación e control das declaracións responsables para a realización de actuacións menores no dominio público hidráulico e na súa zona de policía (código 31.30.21).

Pode obter máis información sobre o pago de taxas no seguinte enderezo:

https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/pago-de-taxas

Instrucións e información adicional sobre a Declaración Responsable:

A documentación que procede achegar ven definida no modelo de declaración responsable. En función das particularidades de cada caso, para a tramitación do expediente pode ser necesaria outra documentación adicional, a cal, en tal caso, será requirida por Augas de Galicia ao peticionario.

Como consecuencia da entrada en vigor en Marzo de 2020 do procedemento, inclúense unhas breves guías complementarias como axuda para cumprimentar a Declaración Responsable e o abono das taxas do novo procedemento actualizadas con data de Marzo de 2020.