|
Contidos Constitución de comunidades de usuarios. ModelosO procedemento para a constitución dunha comunidade de usuarios iníciase coa presentación por parte do seu representante da oportuna solicitude, acompañada da documentación necesaria para a súa tramitación. Esta solicitude tramitarase, con caracter xeral, paralelamente ao expediente de outorgamento de concesión administrativa de augas a favor da propia comunidade de usuarios. Para comunidades de usuarios de 20 ou máis partícipes, é preciso un proceso de constitución no que se prevé a publicación das convocatorias da xunta xeral no Diario Oficial de Galicia e no portal de internet de Augas de Galicia. Modelos de solicitudeO procedemento atópase no portal da Sede Electrónica da Xunta de Galicia (requirimentos técnicos). Información detallada do procedemento: A documentación que procede achegar en cada suposto ven definida no modelo de solicitude. En función das particularidades de cada caso, para a tramitación do expediente pode ser necesaria outra documentación adicional, a cal, en tal caso, será requirida por Augas de Galicia ao peticionario. Modelos de estatutos e convenioA necesidade de estatutos ou convenio ven definida fundamentalmente polo número de usuarios integrantes da comunidade, así para aquelas comunidades de usuarios con 20 ou mais integrantes deberá elaborar estatutos. Para o supostos en que o número de usuarios sexa inferior a 20 procedería a figura do convenio como norma de réxime interno da comunidade. Tamén procedería o convenio nos supostos nos que a modalidade ou características do aproveitamento así o aconsellen. Ponse a disposición dos interesados modelos de estatutos e convenio: Publicación de anuncios de Comunidades de UsuariosCo fin de dar cumprimento á normativa vixente no que atinxe á participación pública nos procesos de constitución das comunidades de usuarios (artigo 201 do RD 849/1986) ou no seu funcionamento, habilítase no portal de Augas de Galicia, un espazo para a publicación das convocatorias para a celebración das xuntas ou asembleas xerais. Para proceder á publicación das ditas convocatorias deberá:
|