Contidos

Onde van as augas residuais?

Máis do 30% da poboación galega descoñece o destino das augas residuais que se xeran nas súas vivendas, segundo unha enquisa recente promovida por Augas de Galicia.

Onde van as augas residuais? Dende que saen das nosas casas fan un extenso percorrido por colectores, estacións de bombeo e tanques de tormentas ata que chegan ás EDAR para ser depuradas e devoltas ao medio natural.

REDE DE COLECTORES

A través da rede de colectores recóllense as augas residuais domésticas e industriais, así como as augas pluviais, e transpórtanse ata as Estacións Depuradoras de Augas Residuais (EDAR).

TANQUES DE TORMENTA

Que é un tanque de tormentas? Son infraestruturas que se instalan en xeral nas redes de colectores unitarias para almacenar as augas e envialas de xeito dosificado ás EDAR, para evitar a súa saturación e os posibles vertidos contaminantes.

ESTACIÓNS DEPURADORAS DE AUGAS RESIDUAIS

As augas residuais son tratadas nas EDAR antes de ser devoltas ao medio natural. Os procesos máis habituais son os de pretratamento, tratamento secundario e desinfección. Deste xeito garántese que as augas que saen das EDAR son respectuosas cos nosos ríos, rías e mares.