Contidos
Contidos

Piezómetros

Instalouse unha rede piezométrica para o estudo dos niveis freáticos de distintas masas de auga subterránea en 25 concellos de Galicia Costa
  • Mapa de piezómetros

                                                                                                                

No marco do Programa de Seguimento Ambiental do Plan de Abastecemento de Galicia, instalouse unha rede piezométrica para o estudo dos niveis freáticos de distintas masas de auga subterránea en 25 concellos de Galicia Costa.

A execución dos mesmos tivo lugar en varias fases e actualmente se realiza un rexistro horario dos niveis e unha extracción mensual dos datos. A continuación indícanse as principais etapas de desenvolvemento e control desta actividade:

  • Selección das masas subterráneas a monitorizar e do punto concreto de execución. Esta foi establecida a partir das necesidades da Rede de Control de Aguas Subterráneas de Galicia e en función de diferentes criterios como: litoloxía, orixe da auga subterránea ou risco de seca, entre outros. Así mesmo para escoller o lugar concreto, para a instalación do piezómetro valoráronse outros factores como a accesibilidade da maquinaria ao punto de execución, nivel freático, titularidade da parcela, etc.
  • Execución do piezómetro. Realizáronse perforacións de 150 mm de diámetro e un mínimo de 12 metros de profundidade co obxecto de conseguir chegar ata o nivel da capa freática. A técnica de sondeo utilizada foi perforación a rotación con recuperación de testemuño con sistema de refrixeración con auga limpa a fin de evitar a contaminación da auga subterránea.

A execución do piezómetro incluíu a colocación dun tramo de entubado de PVC ranurado de alta resistencia. Entre a parede do sondeo e o tubo instalado colocouse grava de sílice calibrada que permite a drenaxe da auga evitando areas e finos que poidan obturar o piezómetro.

Enriba colócase un tapón de bentonita que permita o illamento hidráulico do piezómetro para evitar a entrada de augas superficiais que poidan aumentar de forma errónea o nivel de auga subterránea natural. Así mesmo colocouse un tapón de fondo que permite que os fluxos de entrada de auga ao sondeo sexan exclusivamente horizontais.

No interior de cada piezómetro instalouse un limnígrafo electrónico para o rexistro automático das variacións do nivel de auga, da condutividade e da temperatura.

Con posterioridade, no período 2018-2020, Augas de Galicia desenvolveu dentro do programa de seguimento do estado das augas subterráneas establecido na Demarcación  Hidrográfica de Galicia-Costa unha renovación dos puntos de control, de maneira que proporcionen unha apreciación fiable do estado químico e cuantitativo de todas as masas de auga subterráneas, incluída a avaliación dos recursos dispoñibles, realizándose a construción de 11 novos piezómetros, dos cales 3 substituyen a xa existentes inoperativos, polo cal na actualidade a rede cobre 33 concellos de Galicia-Costa.

Información detallada
Piezómetro Ficha Código WISE (*) Estado
A EstradaFicha descritiva14.GW.0680Operativo
AmesFicha descritiva14.GW.0520Operativo
ArangaFicha descritiva14.GW.0750Operativo
ArteixoFicha descritiva14.GW.0530Operativo
Cabana de BergantiñosFicha descritiva14.GW.0550Operativo
Caldas de ReisFicha descritiva14.GW.0660Operativo
Campo LameiroFicha descritiva14.GW.0670Operativo
CarballoFicha descritiva14.GW.0770Operativo
CariñoFicha descritiva14.GW.0540Operativo
DodroFicha descritiva14.GW.0800Operativo
DumbríaFicha descritiva14.GW.0820Operativo
FozFicha descritiva14.GW.0790Operativo
LalínFicha descritiva14.GW.0690Operativo
MañónFicha descritiva14.GW.0560Operativo
MazaricosFicha descritiva14.GW.0570Operativo
MoañaFicha descritiva14.GW.0830Operativo
MondoñedoFicha descritiva14.GW.0780Operativo
NarónFicha descritiva14.GW.0580Operativo
O PinoFicha descritiva14.GW.0590Operativo
OiaFicha descritiva14.GW.0700Operativo
OrosoFicha descritiva14.GW.0810Operativo
PoioFicha descritiva14.GW.0840Operativo
Ponte CaldelasFicha descritiva14.GW.0710Operativo
RedondelaFicha descritiva14.GW.0730Operativo
RibadeoFicha descritiva14.GW.0850Operativo
RibeiraFicha descritiva14.GW.0600Operativo
San SadurniñoFicha descritiva14.GW.0630Operativo
Santiago de CompostelaFicha descritiva14.GW.0620Operativo
SantisoFicha descritiva14.GW.0610Operativo
Val do DubraFicha descritiva14.GW.0640Operativo
Vila de CrucesFicha descritiva14.GW.0740Operativo
VilarmaiorFicha descritiva14.GW.0650Operativo
ZasFicha descritiva14.GW.0860Operativo

 
(*) Identificación dunha estación de medición, compatible co Sistema Europeo de Información sobre a Auga (Water Information System of Europe, WISE), usado no marco da información á Comisión Europea sobre os programas de vixilancia das aguas.