Aínda que as presas son infraestruturas moi seguras, e a probabilidade de rotura é practicamente nula, a normativa vixente obriga a manter as presas vixiadas e dispor de protocolos para abordar calquera incidencia e anticiparse antes de calquera emerxencia.
Desta forma a normativa establece a necesidade de elaborar e implantar un plan de emerxencia nas presas clasificadas nas categorías A e B, sendo as súa funcións principais:
- Determinar, trala correspondente análise de seguridade, as estratexias de intervención para o control de situacións que poidan implicar riscos de rotura ou da avaría grave da presa e estableces a organización axeitada para o seu desenvolvemento.
- Determinar a zona inundable en caso de rotura, indicando tempos de propagación da onda de avenida e efectuar a correspondente análise de riscos.
- Dispor a organización e medios axeitados para obter e comunicar a información sobre incidentes, a comunicación de alertas e a posta en funcionamento, no caso necesario, dos sistemas de alarma que se establezan.
Na actualidade, na demarcación Galicia-Costa, existen 17 presas clasificadas coas categorías A ou B que contan con Plan de emerxencias. Destas 4 son titularidade da Xunta: Eiras, Caldas, Baiona e O Con.
Respecto a estas 4 a Xunta foi a responsable da elaboración, aprobación e implantación do plan de emerxencia de cada unha de elas. No resto Augas de Galicia, en exercicio das súas competencias de organismos de bacía da Demarcación Galicia-Costa, encargase da tramitación e aprobación dos seus plans de emerxencia e as normas de explotación, que son elaborados e implantados polos seus correspondentes titulares. Ademais participa xunto coas administracións públicas competentes en materia de protección civil e os titulares das presas na divulgación do Plan de Emerxencia á poboación.
Cabe destacar que aínda que as probabilidades de inundación por un accidente nunha presa son moi reducidas, é importante estar preparado, por iso neste apartado ponse a disposición da poboación información relativa a:
- Descrición das presas.
- Medidas incorporadas no Plan de Emerxencia de Presa para facer fronte aos riscos provocados por unha hipotética rotura.
- Definición das pautas para seguir pola poboación.
Esta información á poboación materializase na distribución de trípticos, carteis explicativos e vídeos informativos de cada presa que recollen neste apartado da web.
A aplicación destas sinxelas medidas de autoprotección pola poboación aumentarán a seguridade no caso dun hipotético accidente.
Pola súa parte, unha vez recibido o aviso e valorado o alcance do accidente, as autoridades actuarán inmediatamente:
- Activando os seus plans e mobilizando os Grupos Operativos.
- Informando á poboación.
- Adoptando as medidas de protección á poboación que sexan necesarios.