Consellería de Infraestruturas e Movilidade

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Ábrese o prazo para que todos os concellos de Galicia poidan presentar a súa manifestación de interese en que se desenvolva no seu municipio un plan de abastecemento autónomo.

Data de publicación: 21.04.2021

Descrición:

Augas de Galicia seleccionará durante os próximos meses aos 6 primeiros concellos nos que redactará Plans Municipais de Abastecemento Autónomo.

O programa de elaboración e implantación de Plans Municipais de Abastecemento Autónomo pretende garantir a viabilidade dos abastecementos autoxestionados polos propios usuarios nas zonas rurais nas que a dispersión poboacional dificulta o acceso das redes municipais. É dicir, garantir o cumprimento duns estándares mínimos sanitarios e de calidade do servizo fortalecendo as comunidades e os concellos para a correcta explotación e control destes sistemas e facilitando a colaboración técnica e financeira das distintas administracións.

O éxito na implementación deste plans depende fortemente do interese e colaboración de entidades locais e comunidades de usuarios. É por isto que Augas de Galicia pide a todos os concellos interesados neste programa que manifesten o seu interese e o das comunidades de usuarios do seu municipio en participar, e acheguen certa información que permitirá a Augas decidir cales serán os primeiros 6 concellos nos que se elaboren e implemente estes plans.

Nesta ligazón pódese atopar máis información sobre o contido e obxectivos dos plans, así como os criterios de selección que aplicará Augas de Galicia para elixir os 6 primeiros concellos, e os modelos para facilitar a presentación destas expresións de interese.

Subir