Consellería de Infraestruturas e Movilidade

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

O canon da auga non se pode incluír na base impoñible do IVE

Data de publicación: 16.03.2021

Descrición:

Comunicado sobre a Sentenza do Tribunal Supremo pola cal fixa o criterio de que o canon da auga non debe formar parte da base impoñible do IVE

En data 28 de xuño de 2019 o Tribunal Superior de Xustiza ditou a Sentenza 332/2019 pola cal viña a establecer que o canon da auga que as entidades subministradoras repercuten na factura da auga debía formar parte da base impoñible do IVE.

Dado que esa Sentenza do TSX de Galicia non era firme e o seu pronunciamento era contraditorio con outros pronunciamentos de tribunais doutras comunidade autónomas, interpúxose un recurso de casación ante o Tribunal Supremo co obxecto de que unificase doutrina e, con elo, determinase de maneira definitiva se o canon da auga que repercuten as entidades subministradoras da auga debe ou non formar parte da base impoñible do IVE.

A tal efecto, o pasado 3 de marzo o Tribunal Supremo vén de ditar a Sentenza 297/2021 pola cal casa a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fixa o seguinte criterio en relación a se o canon da auga debe formar parte da base impoñible do IVE:

“La respuesta a dicha cuestión conforme a lo que hemos razonado, e interpretando los artículos 7.8º.F).b’) y 78.Dos.4º de la Ley del Impuesto sobre el Valor Añadido, debe ser que el consumo de agua no puede equipararse a la prestación del servicio de suministro de agua, por lo que el canon del agua no se puede incluir en la base imponible del Impuesto sobre el Valor Añadido”

Nesta ligazón pode descargarse a sentenza íntegra do Tribunal Supremo.

Documento/s relacionados
  • Sentenza do Tribunal Supremo pola cal fixa o criterio de que o canon da auga non debe formar parte da base impoñible do IVE Descargar
Subir