Consellería de Infraestruturas e Movilidade

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Apertura do período de consulta pública da revisión e actualización dos mapas de perigosidade e risco de inundación da demarcación hidrográfica Galicia Costa (ciclo 2021-2027)

Data de publicación: 05.06.2020

Descrición:

O 01.06.2020 iniciouse o cómputo do prazo de tres meses do período de consulta pública da revisión e actualización dos mapas de perigosidade e risco de inundación da demarcación hidrográfica Galicia Costa (ciclo 2021-2027).

A partir deste momento pódese continuar presentando achegas e formular cantas observacións e suxestións se estimen convenientes ata o vindeiro día 01.09.2020.

O 01.04.2020 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 23 de marzo de 2020 pola que se anuncia a apertura do período de consulta pública da revisión e actualización dos mapas de perigosidade e risco de inundación da demarcación hidrográfica Galicia Costa (ciclo 2021-2027), (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200401/AnuncioO143-240320-1_gl.pdf).

Na referida resolución establecíase que o cómputo do prazo de tres meses regulamentariamente previsto iniciaríase no momento en que perdese vixencia o acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19, publicado por Resolución do 15 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Diario Oficial de Galicia núm. 51, do 15 de marzo) ou, no seu caso, as prórrogas deste.

O Real decreto 537/2020, do 22 de maio, polo que se prorroga o estado de alarma declarado polo Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, establece no seu artigo 9 que, con efectos dende o 1 de xuño de 2020, o cómputo dos prazos administrativos que fosen suspendidos renovarase, ou se reiniciará, se así se previu nunha norma con rango de lei aprobada durante a vixencia do estado de alarma e as súas prórrogas.

Polo exposto, infórmase que o 1 de xuño de 2020 iníciase o cómputo do prazo de 3 meses para poder realizar as achegas e formular cantas observacións e suxestións se estimen convenientes á revisión e actualización dos mapas de perigosidade e risco de inundación da demarcación hidrográfica Galicia Costa (ciclo 2021-2027).

Subir