Consellería de Infraestruturas e Movilidade

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Publicación no DOG da Resolución do 23 de marzo de 2020

Data de publicación: 01.04.2020

Descrición:

Hoxe publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 23 de marzo de 2020 pola que se anuncia a apertura do período de consulta pública da revisión e actualización dos mapas de perigosidade e risco de inundación da demarcación hidrográfica Galicia Costa (ciclo 2021-2027), (accesible en https://sede.xunta.gal/cve co seguinte CVE:r51LqOVV81).

Sen prexuízo de que se pode continuar presentando achegas e formular cantas observacións e suxestións se estimen convenientes, o cómputo do prazo de tres meses regulamentariamente previsto iniciarase no momento en que perda vixencia o acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19, publicado por Resolución do 15 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Diario Oficial de Galicia núm. 51, do 15 de marzo) ou, no seu caso, as prórrogas deste.

Subir