Consellería de Infraestruturas e Movilidade

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Criterio de actuación para repercutir o canon da auga e o coeficiente de vertedura por imposibilidade de tomar lecturas derivado do estado de alarma

Data de publicación: 31.03.2020

Descrición:

A declaración do estado de alarma motiva que por parte de determinadas entidades subministradoras de auga se teñan dificultades para levar a cabo a lectura dos contadores e, polo tanto, para dispoñer de lecturas reais coas que poder facturar as súas taxas vinculadas ao subministro e saneamento, así como o canon da auga e, no seu caso, o coeficiente de vertedura.

Neste contexto, Augas de Galicia ven de publicar na área privada para entidades subministradoras da web do canon da auga unha comunicación co criterio de actuación para repercutir o canon da auga e coeficiente de vertedura mentres dure a imposibilidade de ler contadores polo estado de alarma.

Subir