Data de publicación: 15.10.2019
Descrición:
A nova lei regula a creación dunha sociedade mercantil pública autonómica, con carácter de sociedade anónima, para a xestión de todos os servizos que compoñen o ciclo integral da auga, na procura dunha xestión máis equilibrada, eficaz e sustentable tanto desde un punto de vista económico como ambiental e mesmo para formalizar a colaboración entre distintas Administracións públicas con competencias na materia.
Pódense remitir achegas ou opinións dende o 15.10.2019 ata o 05.11.2019.