Data de publicación: 05.08.2022
Descrición:
Atendendo ás especiais circunstancias de seca, a dirección de Augas de Galicia ditou unha resolución pola que durante o tempo que estea activada a situación de prealerta por seca prolongada poderán solicitarse derivacións de augas de carácter temporal que consistan na captación mediante o enchido de cisternas con augas procedentes de ríos ou encoros. O prazo máximo para resolver a autorización destas derivacións temporais redúcese a 10 días.