Consellería de Infraestruturas e Movilidade

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Consulta da actualización e revisión dos Mapas de Perigosidade e Risco de Inundación da Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa (ciclo 2021-2027)

Data de publicación: 01.04.2020

Descrición:

Xa se pode consultar na páxina web de Augas de Galicia a actualización e revisión dos Mapas de Perigosidade e Risco de Inundación da Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa (ciclo 2021-2027).

A partir deste momento pódense presentar achegas e formular cantas observacións e suxestións se estimen convenientes, se ben o cómputo do prazo de tres meses regulamentariamente previsto iniciarase no momento en que perda vixencia o acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19, publicado por Resolución do 15 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Diario Oficial de Galicia núm. 51, do 15 de marzo) ou, no seu caso, as prórrogas deste.

Ligazon/s relacionadas
Subir