Consellería de Infraestruturas e Movilidade

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Publicado no Portal de Transparencia e Goberno Aberto o “Proxecto de decreto polo que se modifican determinadas disposicións vixentes en materia de augas”

Data de publicación: 14.03.2019

Descrición:

O novo decreto terá por obxecto:

Modificar o artigo 24 do Estatuto da entidade pública empresarial Augas de Galicia, aprobado polo Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, e suprímese o anexo do mesmo regulamento, onde se detallan na actualidade o ámbito espacial de cada unha das zonas hidrográficas en que se divide o territorio de Galicia, co obxecto de adaptar a normativa autonómica ao disposto na Orde TEC/921/2018, do 30 de agosto, pola que se definen as liñas que indican os límites cartográficos principais dos ámbitos territoriais das confederacións hidrográficas de acordo co establecido no Real Decreto 650/1987, do 8 de maio, polo que se definen os ámbitos territoriais dos organismos de conca e dos plans hidrolóxicos.

Modificar o anexo II do Regulamento marco do Servizo Público de Saneamento e Depuración de Augas Residuais de Galicia, aprobado polo Decreto 141/2012, do 21 de xuño, para eliminar determinadas contradicións que se recollen entre o contido deste anexo II e o contido do anexo I da mesma norma.

Continuar nunha liña de mellora e simplificación na tramitación administrativa á que respondeu a Disposición adicional segunda do Decreto 1/2015, do 15 de xaneiro, que aproba o Regulamento da planificación en materia de augas de Galicia cando substituíu a autorización administrativa pola declaración responsable no suposto das actuacións menores de mantemento e conservación do dominio público hidráulico. Agora amplíase o devandito catálogo de actuacións menores suxeitas a declaración responsable coa incorporación doutro tipo de actuacións, principalmente as de mantemento e conservación de instalacións e infraestruturas xa existentes, que non alteren o seu volume, estrutura ou funcionalidade.

Pódense remitir achegas ou opinións dende o 14/03/2019 ao 04/04/2019.

Subir