Consellería de Infraestruturas e Movilidade

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Publicado no Portal de Transparencia e Goberno Aberto o “Anteproxecto de lei de medidas de garantía do abastecemento en episodios de seca e en situacións de risco sanitario”

Data de publicación: 12.02.2019

Descrición:

A nova lei terá por obxecto:

  1. Garantir a prestación adecuada dos servizos do ciclo integral do uso urbano da auga, e en especial o abastecemento domiciliario de auga apta para o consumo humano, en todo o territorio de Galicia, cando exista un episodio de seca.
  2. Establecer as normas e as medidas para o aproveitamento dos recursos hidráulicos, no ámbito da demarcación hidrográfica Galicia-Costa, nos períodos nos que exista un episodio de seca, co fin de reducir a vulnerabilidade fronte a este evento, buscando unha garantía no abastecemento á poboación en equilibrio co medio natural e tendo en conta os posibles efectos do cambio climático.
  3. Garantir a protección da saúde pública ante situacións que poidan xerar risco sanitario no abastecemento ou na subministración de auga para consumo humano, en todo o territorio de Galicia, ou, con carácter xeral, ante calquera situación que poida provocar unha alteración dos valores paramétricos ou a presenza de substancias que poidan afectar á saúde da poboación, de acordo coa lexislación vixente

Pódense remitir achegas ou opinións dende o 07/02/2019 ao 21/02/2019.

Subir